Google Groups. Ferramenta de colaboración Corporativa.
Concepto:
Son grupos de discusión que comunicanse a traverso de mensaxes de correo electrónico ou a xeito de foro web.
.
Caracterizanse por varios rasgos:
.- As mensaxes chegan ós buzóns dos membros e almacenanse cronoloxicamente nas páxinas do grupo.
.- Resultan da combinación de duas ferramentas: Unha lista de correos e un foro web.
.- Xestionanse a traverso do perfil de Google.
Para qué sirven?
As organizacións poden empregar os Grupos de Google como ferramenta de comunicación interna, para a xestión de tarefas e coordinación de actividades.
Operacións básicas en Google Groups: Crear un grupo
Podese acceder dende o enderezo directo http://groups.google.es ou dende o botón "Mais", opción "Moito Mais" do panel de control da tua conta Google.
Imos pulsar Grupos e pulsar en "Crear Grupo"
Na seguinte pantalla debemos identificarnos si é que temos unha conta en Gmail. Se non a temos ou queremos empregar outra, pulsamos en "Crear unha conta agora"
Enche o rexistro co teu enderezo de correo_e habitual, a verba pase, alias, enderezo e a verificación do Catpcha. Pulsa en "Acepto os termos do servizo" e "Acepto crear unha conta".
En función de si xa tes o grupo creado ou vas crear un novo, escolles a opción "meus grupos" ou "Crear Grupo"
Logo de darlle a crear, enche os campos valeiros. (verificarase que o nome do grupo non existe.) Tamén podes escoller se o que queres é crear unha lista de correo electrónico, un foro web ou un grupo de preguntas e respostas.
A ferramenta idioma vale para definir en que lingoa emitirá Google as mensaxes (se existe traducción)
A ferramenta idioma vale para definir en que lingoa emitirá Google as mensaxes (se existe traducción)
Unha vez creado o grupo podes convidar as amigas a xuntarse a el. Para elo seleccionas o grupo e daslle a administrar.
Nesta pantalla escolles invitar a membras, cos enderezos electrónico separados por comas e a regulamentaria mensaxe de invitación.... iso xa ti sabes.
Xa atopas as pestanas de configuración, permisos, funcións... etc ....xoga sen medo... non ha de romper nada.
Xa en este intre podes definir a visibilidade do grupo na rede e as capacidades dos membros do para editar mensaxes. Se o desexas podes modificar as capacidades de acceso e publicación posteriormente na pestana Configuración e Permisos. A partires de agora, xa podes distribuir a tua info e coordinar as túas actividades mediante esta ferramenta.
O outro xeito de que a xente se una o teu grupo é enviandolle o seu enderezo Google. En función da tua configuración, as persoas accederán inmediatamente a el ou ben agardarán a túa confirmación para ter acceso ós datos ahí almacenados.
Se quedousche algunha dubida, pregunta no grupo que creei para esta proba: https://groups.google.com/forum/#!forum/perfisociais |
Ou publica directamente teu comentario no grupo en este formulario incluido.
(Para acceder as
funcións completas de Google Groups compre acceder dende unha conta de
Google. Ainda que as persoas con enderezos de correo de outras compañías
recibirán igualmente as notificacións do grupo, non terán acceso a toda a funcionalidade aportada por google Groups)
Google Groups by Manuell Freiría Figueiras está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported.
No hay comentarios :
Publicar un comentario