Marketing on line para Artistas Plásticos
Retomo este post que bocetara analizando as redes Sociais propias de artistas cando colaborei co creativo Luis Cambeiro e tendo no miolo unha desagradable e recente circunstancia que me pasou con un descerebrado que cree, peito enchido e talante militarra, que o Marketing é vender unha vez a cada un, e non facelo moitas veces a moitos e a gran parte da súa área de influencia..¿ Involucrar á clienta ou forzar a compra?
O certo é que existen varias maneiras de presentar os productos e de trasladar á clienta ó punto percurado, ó ZMOT que dín os de Guguel.... o Zero Moment of Truth... (1)
Ven isto a conto de que esforzo da vendedora sole centrarse en empuxar á clienta a compra, en vez de involucrala no valor do producto , con mensaxes "imperativas" de compra inmediata, que por certo, rematarán sendo obviadas e que de tanto insistir nunca acabarán ocurrindo.
O certo é que os artistas en xeral, pero en especial os artistas plásticos, teñen a posibilidade de obter seus ZMOTs, os momentos de decisión de compra e fidelización de un xeito moito mais doado.
Incluso Shoteby's trocou o estilo de facer dende Internet, pero non tanto como para darlle cabida ás artistas nóveles ou as novas xeneracións, que siguen tendo os mercados de élite pechados.
Consideremos o artista coa súa obra nun escenario comercial típico.
Nun entorno de venda o por menor ponse unha chea de enerxía na presentación do producto de un xeito interesante.
O escenario preparase para que o cliente vexa as diferentes opcións, tome diversas perspectivas, valore suas posibilidades e necesidades.
Cada producto colocase meticulosa e estratéxicamente nos estantes, e as vendedoras son fontes ingesgotables de información.
Comentan arredor da obra/producto, dan datos, pormenorizan; engaden valor ó producto mentras ainda está na Estantería/Galería..
Non é un falar co fin de recoller os cartos da clientela, senon para facer valer.
E o que vale, se non se hoxe, vendese mañán.
Seguro.
Porque a clienta madura e remata estando lista para mercar, e cando este intre ZMOT-ZEN chega o proceso é simple e indoloro.
A comerciante, a artista, non troca un obxecto por cartos, senon unha historia, un facer, un porqué que preñan a obra/producto de un gran valor engadido.
Mentras as "bellas artes" supoñen un negocio notable para galeristas e intermediarias, gran parte das artistas non acadan chegar o mercado e incluso non acadan caseque visibilidade.
"Un pintor é un home que pinta o que vende, un artista é un home que vende o que pinta" (Picasso)"
3 Oportunidades Dixitais para vender arte en Liña.
Xogando ó Social media e o Marketing Dixital, cada profesión é un mundo, e...
Un artista ten que pensar na estructura de comunicación dixital como si fora unha obra propia do seu campo ou materia., unha extensión das ferramentas do seu estudo.
(quedoume un pouco hortera... :-)
1- Usar as Redes Sociais para mostrarse.
Por obvio non calarei que o primeiro lugar para difundir a obra son as redes sociais. Cada quen debe atopar aquela onde sintase mais cómoda.
Facebook e Pinterest permitiránche crear galerías en forma de álbums, con Twitter túas publicacións poden chegar moi lonxe si xogas coas tendencias do momento... pero o mais importante e que des coa Rede na cal te sintas cómoda. Igual prefires usar Instagram ou Flickr ...
"De calqueira xeito, as Redes Sociais son iso, sociais, non lugares de venta."
O "mini"-poemario "12 días sin ti" de Ines Sastre tivo unha gran difusión a traverso das Redes Sociais. Ainda que Inés é Poeta o difundido foron as verbas en forma de imaxe, repetidas ata o infinito e mais alá. Tanto no Facebook, como no Instagram e en Pinterest podense atopar seus lapidarios laios.
Ignoro cantos exemplares chegaría vender da súa obra "Baluarte", onde se insería a serie, pero non cabe dúbida de que súas frases pasaron por diante de moitos moitos ollos.
2.- Crea un blogue ou unha web.
É sumamente doado facer un blogue coa cantidade de ferramentas que hai ó dispor.
Os primeiros "pinitos" poden facerse con Blogger, WordPress, Jimdo, Wix ... que son ferramentas gratuitas ó alcance de calquera.
As persoas que miran medrar súas necesidades teñen a posibilidade de contratar servicios a maiores en calqueira de eses lugares.
O escultor e pintor Vigués Luís Cambeiro combina a palabra coa imaxe para amosar súas obras de técnica mixta.
Nun blogue ou web poderás crear facilmente un catálogo con obras e precios.
Si non tes blogue, e te animas con WordPress, podes mirar meus apuntes de "Aprendermos WordPress".
Un blogue é unha forma moi doada de crer a túa propia galería. Si a acompañas con palabras tes a posibilidade de que os SERP (Motores de busca, vaia) den co teu sitio e sexas descuberta por algún fan que se che convirta en incondicional.
3.- " Os cartos tamén están na lista "
Pode ser que xa teñas túa obra instalada nas Redes Sociais e teñas creada túa web ou non, pero que estas ferramentas resultenche triviais xa que ti o que desexas é expor e que túa obra estéa mesturada coa de outro profesionais para darlle maior visibilidade e relevancia, e que incluso teñan aspecto de galería.
Se non podes expoñer en galerías tradicionais, podes tentar sorte nas virtuais.
Artelista:
Artelista ofrece un espazo para que os artistas expoñan suas obras de forma gratuita e as poñan a venda se o desexan .
A través de esta web podense vender pinturas, esculturas, dibuxos, grabados, fotografías, collages, obras de arte dixital, cerámica e artesanía, así como reproduccións das obras en formato de alta calidade.
Se fora o desexo do artista, pode empregar a páxina como páxina persoal de exposición co formato "nomedoartista.artelista.com" , indicando nos formularios adecuados de subida de obra o desexo de non venda, ben por non desexar ou por estar a obra xa vendida.
Esta páxina non pide exclusividade para a exposición e venda das obras expostas.
Artelista queda co 35% do importe da obra orixinal, sendo o contacto entre o comprador e o artista intermediado por Artelista, estando prohibido polas normas de uso da páxina proporcionar datos de contacto ó comprador.
Existen versións pro de afiliación á páxina, onde mediante un pago mensual melloranse os marxes na venda.
No caso da venda de reproduccións da obra, esta ten que ter sido fotografiada en formato jpg de alta calidade (mínimo 3 mpx), e o abono que se fai ó artista, que previamente debeu permitir a venda de reproduccións é do 35% do importe descontado IVE e impostos.
Os prezos das reproduccións de Artelista, son en función da calidade da imaxe proporcionada e o tamaño de impresión.
Tamén dispoñen de unha galería de clásicos, onde clasificados os pintores por nome proporcionan a posibilidade de acceder a unha breve biografía do autor e as reproduccións que a empresa ten a venda. (non deixa de ser un interesante recurso educativo.)
Presencia nas Redes e difusión: Aparte da sua web, artelista conta con 3 páxinas en Facebook.: Artelista en castelán,, Artelista en inglés e Artelista Comunidade, páxina no Pinterest e canal de difusión no Twitter.
Behance
Behance é unha compañía de Adobe onde se visibiliza unha rede de persoas vinculadas a actividades ou proxectos visuais e súa principal actividade é mostrar portfolios en liña.
Nesta platafaroma cada quen partilla o traballo gráfico realizado mediante a creación de portfolios, conectase con outras persoas e pode chequear oportunidades de traballo que van aparecendo.
Basicamente é unha plataforma creativa con centos de ideas, productos de creatividade e posibilidade de visibilizarse para facer negocios.
En moitas ocasións empresas creativas e periodistas visitan o sitio para atopar talento, ideas e creatividade - e eventualmente contratar.
As imaxes podense linkar a unha tenda on line de Shopify, Etsy, iStockphoto , Big Cartel, Myfonts ou Threadless, enlazar coa tua propia tenda ou site ou ben ser vendidas como impresións.
De calqueira forma, behance é un bo lugar onde instalar o teu portfolio ou coleccións da tua obra, independentemente de cal sexa o teu campo de traballo.
Engadir que a interface é sumamente atractiva.
Bygart
Bygart ofrecelle un servizo a todas as artistas que desexen expor suas obras na sua galería virtual e o tempo difundilas nas redes sociais propias da páxina. "Noso obxectivo é que o artista centrese en crear sua obra e nos en facerlla chegar ó público".
Teñen espacio para pintura, fotografía, escultura, debuxo, cerámica, grabados e obras gráficas.
As suscripccións a Bygart poden ser trimestrais, semestrais ou anuais, con uns importes de 35, 60 e 100€ respectivamente.
Non se atopa a posibilidade de "artista colaborador" de balde.
Ofrecen visibilidade na galería (páxina) e dinamización en medios de comunicación como nas suas redes sociais.
Outros servizos de Bygart:
- Venda de obras de artistas plásticos.
- Interiorismo e decoración para Empresas e Institucións
- Alugueiro de obras.
- Fondo de arte. Interesante sistema de aforro para mercar obras facendo unha aportación mensual.
- Exposicións Individuais ou colectivas itinerantes.
- Escola de Arte. Clases de pintura e fotografía, de diversos niveis e duración.
- O sistema de xestión de obras queda na man do artista.
DeviantArt
DeviantArt encantame.O ten todo.
É o lugar alucinante onde podes pasar horas e horas mirando obras do teu estilo, observar tendencias, atopar ideas... xa que recolle todos os estilos e técnicas posibles a xeito de rede social visual xigante.
Nas suas propias verbas:
"deviantArt.com é o fogar da comunidade de arte mais grande do planeta. Con mais de 26 millóns de membras rexistradas e mais de 251 millóns de obras.
DeviantArt estabeleceuse como a capital en liña para a interacción creativa onde os artistas e amantes do arte poden compartir, amosar e incluso vender os productos das suas imaxinacións dixitais.
Esta contorna baseada nunha web innovadora redefine os límites do arte e da tecnoloxía e crea oportunidades sin precedentes para que as artistas promovan e se beneficien do seu traballo. É tamén unha rede social masiva con tal cantidade de visitantes que está dentro do TOP 100 dos sitios web de tráfico na Internet."
DevianTart,com non é un sitio para contar, realmente é un sitio para probar e onde interactuar. Este lugar é unha especie de "galería virtual/social" de arte onde podes atopar os artistas que practican as técnicas mais tradicionais como a pintura ou escultura ata artistas dixitais, cine, anime ou fractais.
As obras están organizadas nunha estructura de categorías amplo, que inclue artesáns, fotografía, literatura, manga, diseño, skins para aplicacións, xunto con tutoriais da mais diversas técnicas e un bo feixe de imaxes descargables.
Pola facilidade de acceso por primeira vez están ó alcance das aficionadas todas as artistas -que o desexen- de calqueira lugar do mundo.
Como artista obtés unha audiencia potencial de 26 millóns de clientas, e ademais tes a posibilidade de poñer a venda de forma inmediata reproduccións das tuas obras na tenda do sitio.
Unha vez rexistrada, terás unha conta no formato usuario.deviantart.com, dende onde poderás empezar a observar obras, interactuar con outras usuarias, subir as tuas propias creacións e poñer a venda as suas reproduccións.
Ademais de crear as tuas propias galerías, (organizables en directorios ou carpetas), dispon de 2 GB de espazo para almacenar info persoal.
DevaintArt muro.é unha ferramenta dixital para graffitear.. que podes probar sin necesidade de dar datos...
Deviantart tamén ofrece a posibilidade de crear unha bitácora dentro da súa rede. (Journal Entry)
A posibilidade de monetización directa que ofrece DeviantArt é a de vender as reproduccións dos teus traballos impresos sobre distintos soportes, incluidas cuncas, tarxetas postais, alfombriñas para rato, imáns...
O importe recibido polas autoras por cada reproducción andan entre o 15% e o 25% dependendo do formato.
Elartistaonline
Elartistaonline é unha páxina arxentina onde se expoñen unhas 3800 obras de 600 artistas de diversos paises, especialmente arxentinos, con 3 diferentes plans de suscripción, onde a maiores posibilidades maior custo.
En ningunha das modalidades expostas existe pasarela de pago, senon que un representante da galería intermedia entre o comprador e o artista para coordinar o pago e o envio.
Expoñense pinturas, gravados, graffitis, escultura, porcelana, xoiería artesán, vidro...
A política de envíos deixa que desexar: "El servicio de envío es optativo y ofrecido por una empresa ajena a El Artista Online.(...)El Artista Online no se responsabiliza por el servicio de envío elegido por Ud. y por lo tanto tampoco es responsable de que el producto llegue a destino o no, o que llegue un producto distinto, o en condiciones distintas a las acordadas con el Artista o la Galería."
Conta con un blogue sobre arte en xeral e páxina no FaceBook e Twitter cuio uso exclusivo é proveer enlaces á obras da páxina web.
GaleríaTodocuadros
GaleríaTodoCuadros é un servicio ofrecido por unha tenda de venda de reproduccións para valorizar mais sua páxina principal e conseguir enlaces entrantes. (linkbuilding)
Nesta galería podemonos rexistrar como artistas, galerístas, distribuidores de arte, compradores/vendedores, representantes artísticos ou como visitantes.
O artista, ou a galerista expón libremente seus cadros, e como en calqueira outra rede social se trata de crear contactos, ou despertar o interese de outras usuarias para que soliciten teu contacto e a partires de ese momento entablar relacións que poderán ser comerciais ou non.
Como parte negativa a confusión que se crea entre a galería virtual de artistas e a tenda de reproduccións patrocinadora da rede social.
Na captura de pantalla de arriba podese ver a rede social en funcionamento.
A esquerda as distintas categorías onde se colgaron as obras e un acceso ás usuarias da galería.
Cando se pincha no seu nome, se accede o seu perfil para pedirlle "amizade/contacto". A partires de ese intre podense intercambiar mensaxes.
Na parte superior da páxina o acceso á páxina persoal.
O tamaño máximo das imaxenes a subir é de 2 MB.
Rematando:
Esta é unha escolma de lugares onde vender traballos plásticos e de imaxe a través da Internet, pero non é intensiva. Túas colegas coñecerán outras, e si tes interés, será a túa obriga mirar cada unha de elas e adoptar a que te sintas mais cómoda.
A escolla é unha cuestión moi persoal.
Si eres unha xenio das relacións públicas igual nin necesitas ter teléfono mobil para facer marketing do teu traballo, se eres tan zoupón coma min, nin con todas as redes do mundo vas coller nin siquera unha xouba. O dito, ti verás.
Lembra que ademais dos sitios on line onde expor a tua arte, podes empregar os lugares de cercanía para promocionalo: Colexios, institutos, universidades, centros comerciais, centros culturais, asociacións de veciños, festas e celebracións, eventos deportivos....
Compre facer ruido, estar presente, amosarse, facerse ver... O mais común non é que te busquen.
As bases da estratexia de Marketing:
Si falamos de Marketing debemos decir que o diñeiro SI está na lista. Mais aló da necesidade de darlle mais valor ás obras que o económico, deixo uns recordatorios "de lbro" que poden resultar útiles.
- Pensate como producto:
Mirate dende unha nova perspectiva que te permita competir no mercado. - Atopa e potencia as tuas diferencias:
Sin unha identificación clara non é posible competir. Aprende a atopalas ou inventaas e aprende a potencialas por todos os medios o teu alcance para poder distinguirte da competencia. - Marca Precios:
Calqueira producto que se construe no mercado do arte ten un precio, e ainda que fixalo non é unha tarea doada compre marcalo. Os materiais, o tempo, teu propio valor son factores que influen. aprende como se conforman os diferentes precios no mercado. - Busca intermediarias:
En moitas ocasións sin intermediarios non chegarás a moitos tipos de público. Seleccionaos, mantenos e estimulaos. É un xogo de ti gañas eu gaño. - Elabora discursos de venta:
O contexto obriga a usar unha lingoaxe publicitaria, de xeito que falemos dos nosos productos de unha forma atractiva. Coñecer cales son os recursos sustanciales para chegar de forma efectiva ó público é unha cuestión estratéxica. - Promovete correctamente:
Estudia e evalua as ferramentas de promoción o teu alcance e cales son as diferencias entre elas. Testea as ferramentas a pares para optar pola que mellor se adapte ás tuas circunstancias, e non te quedes con un so canal de promoción ou venda. - Pensa no público en plural. Publicos.
Calqueira proxecto artístico ten mais de un público e compre captar e manter a todos por igual. UIbicaos e coñeceos para estar en contacto con eles empregando todas as canles posibles. - Xenera unha imaxe de marca consistente.
A imaxe de marca é un activo extraordinario para ti e o teu proxecto. Aprende como creala e leva sempre contigo.
Deixanos teu comentario, e si gostaches da entrada, partillaa nas Redes Sociais. A ti non che costa nada, e a min metesme un subidón inmenso de moral.
(1) ZMOT Manual é un libro clásico falando do marketing Dixital. O recomendo en serio.
No hay comentarios :
Publicar un comentario