Google+ Redes e Cousas: Correos fraudulentos fanse pasar polo BBVA

ticker

Lo Último

miércoles, 22 de mayo de 2013

Correos fraudulentos fanse pasar polo BBVA

fraude bbva Detectados correos fraudulentos suplantando o BBVA

Informa a OSI que se detecta unha oleada de correos fraudulentos que fanse pasar polo banco BBVA co obxecto de enganar o usuario para que ceda seus datos de acceso a unha web maliciosa que suplanta a indentidade do banco.

Tratase de un fraude coñecido como phishing, e na actualidade moitos bancos estanse a mirar afectados por el.

¿Como ocurre o phishing?
 

O usuario recibe un correo-e e accede ás peticións que o mesmo solicita: Facilitar datos persoais, bancarios, chaves etc.

Solución:

Si recibes un correo de estas característica e por descuido facilitaches teus datos, modifica canto antes tua seña de acceso ó banco en liña e a todos aqueles servizos para os que empregues a mesma chave.
Compre lembrar a importancia de xestionar de xeito seguro as chaves de acceso ós diversos servizos da internet para evitar problemas.


Se ademais do anterior tes facilitado información perosal como datos de tarxetas, coordenadas da carta de seguridade etc, contacta canto antes co teu banco a través das canles que a entidade facilitache para estes casos.

¿Como evitar o phishing?

Podeche axudar a evitar os fraudes por phishing seguir estas recomendacións:

  • Non abras correos de usuarios descoñecidos ou que non solicitaras previamente. Eliminaos directamente.
  • Non respondas a ningún de estes correos.
  • Non sigas enlaces (links) de correos ainda que señan de contactos coñecidos.
  • Se precavida a hora de descargar ficheiros adxuntos.
  • Ten en conta sempre os consellos que facilita a banca nas suas seccións de seguridade.
  • Pecha todas as aplicacións no PC antes de acceder á web do banco.
  • Escribe directamente o URL no navegador, en troques de empregar enlaces dispoñibles en páxinas alleas.
  • Asegurate de que o enderezo ó que accedes empeza por https:// para asegurar que os datos viaxan codificados pola rede.
  • Non accedas ós servizos de banca online dende ordenadores públicos ou conectados a redes wifi públicas abertas.
  • Lembra que ningún banco che solicitará por correo que facilites teus datos de acceso. Si recibes algún correo neste sentido ponte en contacto de forma inmediata coa tua entidade.

fraude bbva
Exemplo de páxina fraudulenta

Imaxes tomadas da web da OSI

No hay comentarios :

Publicar un comentario