Google+ Redes e Cousas: Marketing on line para peluquerías

ticker

Lo Último

sábado, 21 de diciembre de 2013

Marketing on line para peluquerías

marketing para pèluquerías

Publicidad para Peluquerías.

A proposta de unha clienta ubicada en Girona,  que se realizase unha valoración das necesidades latentes de   Community Management , realizouse un pequeno estudo das posibilidades de presenza na rede e un plan de marketing inicial para colocar o seu "salón" nas redes sociais e para conquerir unha maior interacción coa sua contorna, unha vez atopados os lugares "masivos" e sitios susceptibles de promoción, amén da busqueda de interaccións co entorno.

O obxectivo final de este exercicio é o de dar autonomía a un salón de beleza/perruquería para que poida xenerar a sua propia estratexia levando este pequeno guión.

Marketing dixital para salóns de Beleza

Imos pois a por elo: Primeiro unha visión de como está funcionando o sector dos salóns de beleza, antes de ver algunhas solucións accesibles para a maioría do público con un pouco de esforzo e de atención.

¿Que é a beleza?

No sentido que nos ocupa,  o concepto ven definido como a percepción subxetiva que fai que algo/alguén nos resulte agradable e infunda en nos deleite.
Efectivamente, no seu ánimo de agradar, as persoas humanas de sempre levamos sobre o corpo accións para trocar o seu aspecto. Cuestións como os decoracións corporais das culturas indíxenas, arranxos do pelo,  ornamentos nos beizos, orellas ou pescozo...
Estes actos veñen dados dunha bioloxía do comportamento que fai que a especie humana necesite sentirse agregada ó grupo social ó que pertence.
Na actualidade en función das "tribus" urbanas existen etilos que permiten ás persoas identificarse con grupos sociais así como coas circunstancias grupais propias do intre ( gala, de funeral, nautico ....)


Empezando ó reves,  primeiro analizaremos as oportunidades de negocio derivadas da Internet, e o final do artigo o estudo pormenorizado do sector dos salóns de beleza no ano 2012.
Recibe no teu correo consellos e trucos para mellorar tuas ventas gracias a Internet:


Licencia Creative CommonsMarkewting para peluquerías, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Oportunidades de negocio derivadas de Internet:


Prestar atención as redes sociais.

Concienciar sobre a importancia do cuidado do cabelo e da pel.

Captación de novos usuarios.

Establecemento de novas tendencias.

Segmentar para ofrecer servicios adecuados a cada tramo de mercado.


Se nos centraramos na vertente informática, un 78% dos profesionais ainda non incorporaron Internet para usalo no seu negocio.


Oportunidades do Marketing clásicos (ampliables ó Marketing on Line):


SMS a clientas por oferta
Asociarse con salón de banquetes
Ozonoterapia
Cámara hiperbárica
Oferta de servicios adicionales (estética, manicura, bronceado)
Coidado da pel
Aromas e fragancias
Cremas para mans
Lacas de uñas

marketing para peluquerías
Unha vez aproximada a realidade dos mercados do mercado das peluquerías e dos salóns de beleza, procedemos a avaliar a realidade do salón que nos ocupa.

Solo un comentario antes de rematar este recorrido de peluquerías comentar algo que si me quedou moi claro (e cuia referencia se me perdeu entre a morea de documentos que leín para documentar este exercicio):
A diferencia non pode estar no precio. Non pode ser ese o camiño a tomar para manter ou recuperar a clientela. 
Esa actitude fai que nos infravaloremos a nos mesmos, e sobre todo que non consideremos o servizo como a verdadeira fonte de valor do noso negocio. Será preferible agasallar a clienta con un servicio complementario, ou convidala a un acto de hora feliz na cafetería do barrio.

  • ¿Aparece o salón nas buscas de internet ?
Tras realizar unha serie de buscas  en Google. Google Maps, Yahoo e Bing. (Salón de Belleza Localidade (L.), Perruquerías muller L., Estilistas L., Páxinas amarillas salon de beleza L., o salón non aparece en ningunha de elas.
Posiblemente non busquen na internet salóns de beleza mais que algúns clientes esporádicos, de paso ou recén enfadados cos seus proveedores, pero a realidade é que o precio de instalar o negocio nas ferramentas de xeolocalización é cero €uros -hoxe-.
Como curiosidade mentar que nas buscas de estilistas en Yahoo os números 2 e 3 eran negocios rexistrados no Yelp.

Accións Correctivas: 

Colocar salón en Yelp.
Colocar salón en Foursquare.
Colocar salón en Google Places.
Colocar o salón en Google Maps

 A verdade e que non foi atopado... (sic).

Accións correctivas:
Procedemento de actuación: 
Postear diariamente na Fan Page do Facebook temas relacionados coa estética e a temática do salón de belleza, non solo con mensaxes promocionais.
Fidelización de clientela premiandoa cando da a "me gusta". (Seguidores das noticias do salón a partires de ese intre)
Creación de eventos na páxina FB en momentos puntuales. 
Utilización dos álbums de Facebook  para poñer fotografías de peinados especiales das clientas (buscar un xeito de compensación, xa que a clienta vai ser a propia imaxe da marca)
Promocionar a aplicación de color con fotos de antes/despois e publicalas na páxina. Buscar promoción de algunha casa de tinte. Utilizar os previsibles momentos baixos do mercado (luns, fins de mes...) para realizar as aplicacións gratuitamente.
(Non se debe subestimar a capacidade de viralización das imaxes, sobre todo nos rangos de edade femeninos 16/22 anos)

A ventaxa actual das páxinas do Google + é que indexa nos buscadores os contidos...
  • Se a clientela movese nun rango de edade inferior os 25 anos, crear páxina profesional no Tuenti para facer divulgación antre as persoas de esa edade.
 O fondo de esta estratexia de Marketing está, primeiro en facerse ver -ter presencia-, pero de pouco nos vai valer si non usamos as ferramentas que nos permiten segmentar a clientela e realizar campañas orientada hacia cada un dos anacos de mercado potencial.
As redes sociais (e calqueira acción que se leve a cabo en Internet) ten que ter como fin último o incremento da clientela, a sua fidelización e por extensión das ventas. 
Cartos aparte, será unha sempre será unha satisfacción para a profesional, ter unha canle coa clientela para solventarlle as suas dubidas ou consultas. Estes pequenos detalles de valor engadido son os que marcan a diferencia.

Hasta aquí, ainda non gastamos nin un peso... a menos que desexemos que un Community Manager profesional nos planifique e prepare este traballo de forma mais técnica e seguramente con maior atracción para as usuarias.

Pero non quero abandoar o exercicio sin fixarme no entorno onde está asentado este salón de beleza, na percura de algunha idea que poida facer que nos comuniquemos coa clientela mediante os dispositivos móbiles. (Comunicarnos mais, xa que Tuenti, G+, Foursquare e Yelp xa están centrados nos smart phones !!!)
Datos da ubicación do local (Extraidos con ferramentas de Internet)
- Enfrente ten unha parada de taxis
- Aparcamento: A menos de 200m
- Estación de autobuses a menos de 200 m
- Colexio Privado Maristes Montserrat 200m. De educación infantil a BUP
- Academia Formem (cole privado) a 200 m.
- Local de CCOO a 50 m. 
- Catedral de Lleida a 200 m aprox
- As acacias quitanlle visibilidade o local cando están sin podar.

De pronto da a impresión que toda esa clientela potencial está ocupada cando o negocio está aberto e transita cando está pechada (asistencia a clases, o traballo ou os actos de culto..)
Un traballo de marketing en internet baseado no servicio implicaría

1.- Creación de unha web/blogue  de peluqueria e relacionada co mundo da beleza. (Long Tail)
Non compre escribir todo un blogue de pronto. Abonda adicar un rato diario prestando especial atención a cales son os intereses das clientas.

2.- Campaña no Facebook. Segmentable por edades e por localización. Traballo previo de traballarse ás seguidoras e conquerir audiencia.

2.1: Código promocional QR (que apunta a páxina con landing FB ou ben á páxina promocional do servizo no blogue)  accesible dende dispositivos mobiles co obxectivo de promocionar 24/7.

Oportunidades de marketing clásico:

Aparcamento gratuito no Parking.
Convenio promocional con CCOO. (Por extensión con calqueira asociación cercana)
Creación de servizos complementarios: Adaptar unha zoa a gardeiría, diagnósticos gratuitos de pel/pelo ou uñas, instalar wifi para os breves ratos de espera...

Posibilidades de Marketing relacionadas coa contorna:

Xa antes mentamos algunhas, nas cales faríamos fincapé. A cercanía de adolescentes nas escolas do entorno pode facernos pensar nunha aproximación hacia clientela nova. 

Desestimar SEM AdWords para peluquerías/salon de beleza/estilistas Lugar (xenera 40.000 buscas mensuales cada unha no estado...)
Desestimar SEM AdWords para productos muy concretos dada a pequena entidade da poboación que falamos (140.000 habitantes no exercicio)
Si estimar SEM para AdWord Express, dada a sua economía e sempre vinculada á conta de Google Places (G+)

Consellos claśicos relacionados cos sector da Beleza e perruquerías:

.- Non basear o tráfico de clientes na reducción de precio, senon no incremento dos servizos. (Servizos mamá/filla; oferta de un segundo servizo...)
.- Aliarse con negocios complementarios para potenciarse mutuamente (Vestidos de noiva/noivo, primeiras comunións; Restaurantes de banquetes...)

Respecto ó Sector dos salóns de beleza:

Clasificación legal da acitividade:


CNAE: 9602 Peluquería e outros tratamento de beleza. Esta clase de actividade comprende:

.- As actividades de lavado, corte, peiteado, tinxido, aplicacións de mechas, ondulación e alisado do cabelo e outras actividades similares, tanto para homes como para mulleres.

.- O afeitado e o recorte da barba.

.- As maxases faciais, manicura, pedicura, maquillaxe, etc.

(Fonte INE: )


Presentación do sector dos salóns de beleza:


Aproximadamente existen no Estado Español mais de 85.000 establecementos adicados a esta actividade que supoñen do orde de un establecemento por cada 500 habitantes.

A cifra de negocio ronda os 3.500 millóns de Euros anuais.

Unha peluquería media factura do orde de 40.000€ anuais como media.

As fontes de ingresos veñen diferenciados por 3 canles principais:

.- O servicio de peluquería (o mais destacable)

.- A venda de productos (Champues, accesorios profesionais ...)

.- Outros servizos de beleza


Como dato negativo destacable está a recente implementación do IVE de un tipo do 8% ó 21% (165% de incremento, que en momento de recesión en función das circunstancias é asumido polo profesional para non perxudicar á clientela) 

O Sector da Perruquería en cifras:

Ticket medio:

marketing para pèluquerías

Ratios de Frecuencia:

marketing para pèluquerías

Caracterización de uso do servizo por xénero:

marketing para pèluquerías

Peculiaridade do mercado femenino

marketing para pèluquerías

Mercado masculino en relación coa edade:

marketing para pèluquerías
Os servizos mais utilizados nos establecementos de beleza/peluquería:

marketing para pèluquerías

Gráfica dos usos de coloración de cabelo.

marketing para pèluquerías

As razóns do uso da coloración do pelo según as usuarias:

OPortunidades no sector: A prescripción de productos.

marketing para pèluquerías


Resultouche útil este artigo ? ¿Qué outras técnicas empregarías ti para axudar a proporcionar satisfacción ás clientas?

Si quedaches con algunha dúbida, ou crees que podemos axudar, contactanos.

Apendices:

Bibliografía:
http://aguedaorozco.wordpress.com/2013/03/18/evolucion-del-mercado-cosmetico-en-el-2012/
http://www.esteticamagazine.es/newseventses/item/1620-nuevos-datos-del-1-observatorio-de-la-peluqueria-profesional-en-espana-2parte
http://blog.cofike.com/2012/08/02/plan-de-empresa-de-una-peluqueria/ (2012)
Estudo e gráficos de Gráficos de KANTAR WORLDPANEL
Camí de Can Calders, 4 08173 – Barcelona
Tel. +34 935819826 http://www.kantarworldpanel.es

  Licencia Creative CommonsMarketing para peluquerias por Manuel Freiría Figueiras se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported.

No hay comentarios :

Publicar un comentario