Google+ Redes e Cousas: Ferramentas Google: Blogger

ticker

Lo Último

martes, 27 de noviembre de 2012

Ferramentas Google: Blogger

blog, blogger, bloggin
Pantalla de definición de estilo e verificación de disponibilidade  da URL.

Creando un Blogue con Blogger

O blogger de Google é un xeito moi doado de crear unha bitácora en segundos, sen necesidade de coñecer nada de programación e de xeito intuitivo, como si estiveramos a traballar con un editor de textos calqueira.

Dende a tua pantalla de benvida na pestana "Mais" atopas un enlace ó blogger, (ou identificandote en www.blogger.com, premes en crear novo blogue (teoricamente se poden crear dende unha mesma conta tantas bitácoras como un desexe),poñerlle un título, verificar a disponibilidade do enderezo /URL  escoller o estilo ... e a publicar!!

Unha vez rematados os requisitos para poder usar o blogger, pincharemos no nome do blogue ou no texto superior dereito "meus blogues", onde atoparemos un menú vertical que nos permite afinar o funcionamento da nosa bitácora.

blogger
Menú de opcións de configuración de blogger. (en verde)

Opcións de Configuración do blogger. A saber, de arriba abaixo:
Mensagem Nova: Crear unha nova entrada do blogue. (tamén no icono lapiz arriba esquerda)
Mensagems: Lista de entradas (para editar, visualizar, actualizar ...)
Páxinas: Entradas independentes que se amosan en menú pestana ou ben en barra lateral.
Comentarios: Os comentarios realizados polos lectores nas túas publicacións.
Google +: vinculación co teu perfil ou páxina de Google +.
Estatísticas: Iso, estatísticas.
Ganhos: Integración do blogue co sistema de publicidade de Google, AdSense.
Esquema: escritorio blogger
O noso escritorio está formado por unha serie de miniaplicacións as cales podense tanto engadir como reordenar, e en algúns casos modificar o seu comportamento.
Cando teñas feitas unhas  cantas entradas, xoga coa distribución dos elementos da pantalla reordenandos, e observando cal é o aspecto que mais che agrade. Usa para elo o botón vista previa logo de modificar os distintos elementos.
Modelos: Nos permite persoalizar a apariencia do noso escritorio.
Axustes (Definiçoes): Distintas opcións para persoalizar a xestión da bitácora.

Unha vez creemos unha nova entrada, atoparemos un folio en branco onde podemos empezar a inxerir nosos textos, fotos, videos ou post-cast.
Na parte superior do escritorio vemos a barra de ferramentas. Permitenos escoller a fonte da letra, o tamaño, destacar mediante negrita, suliñado, itálica ou tachado, escoller as cores do texto e do fondo, formatear un enlace, engadir fotos, videos, formatear o texto e incluir listados con guión ou numerados.
Barra de ferramentas e panel lateral.
Na dereita atopamos as opcións das etiquetas (para axudar nas busquedas ós motores e mais a un mesmo mentras navega pola propia bitácora), usar uunha URL persoalizada se estivera dispoñible e diversas opcións relacionadas cos modos de edición e de interacción cos lectores.
Unha vez teñas escritas unhas cantas entradas, compre que difundas o teu contido nas redes sociais para crear audiencia. 
blog, bloggin, blogger
Panel principal do Blogger.
Unha nota mais... a creación de un blogue require determiñada constancia. Marcate un calendario onde definas as entradas que vas realizar e mantente nel. Dalle ós teus contidos maior enfase enlazandoos entre si, e sobre todo, se orixinal e non vulneres os dereitos de propiedade intelectual de outras persoas.

Cicais tamén che interese ler:

Social Media Marketing: Estratexia nas redes sociais

Non esquezas enviarnos teus comentarios!!


Creative Commons License

No hay comentarios :

Publicar un comentario