10 + 1 razóns para usar o DropBox
Naturalmente antes de utilizar calqueira destas suxerencias que vou a facerche debes instalar Dropbox na túa computadora...Dropbox é un servizo de balde que che permite almacear teus arquivos por Internet e accesalos por medio de calqueira aparello que conectes coa túa conta.
Dropbox permiteche gardar un arquivo na computadora e velo inmediatamente nos teus outros ordenadores, ou no teu iPad ou tableta/telefone Android.
Tamén podese usar DropBox para transferir arquivos ou programas a través da rede e ter carpetas partilladas ás que as túas amigas ou colaboradoras no traballo poden accesar en tempo real.
Click eiquí para empezar a usar DropBox. Unha boa forma de ter sincronizados teus arquivos.
¿Por qué usar DropBox?
1: Porque funciona como backup automático:
Recoñecendo miña vagancia a hora de facer copias de seguridade dos meus arquivos, decidín utilizar a carpeta de DropBox como directorio de traballo. De esta maneira sempre teño duas copias dos meus ficheiros.2.- (Obvio) Para accesar dende calqueira dispositivo ós teus documentos.
Con DropBox podes accesar desde calqueira dispositivo á última versión dos teus documentos.3.- Porque traballa con arquivos partillados en tempo real.
Varias persoas poden estar traballando no mesmo arquivo ó mesmo tempo. Por exemplo a folla de cálculo de gastos ou a de presupostos. Cando abras túa carpeta de DropBox terás actualizados os últimos datos.4.- Para gardar túas fotos de Facebook, Flickr e Instagram automáticamente.
Miña suxerencia é usar IFTTT para realizar esta tarefa. Cada vez que subas unha foto a unha de esas redes sociais quedará automaticamente almacenada.5.- Porque mantés a mesma configuración e señas en todos teus ordenadores.
Podes gardar os arquivos mais importantes para telos dispoñibles en todo momento, pero tamén para ter na escola a mesma configuración que tes no ordenador da túa casa !!6.- Para manter unha lista de versións dos arquivos
Mediante a opción versións anteriores poderás recuperar versións antigas dos ficheiros, teus ou gardados polas colaboradoras.7.- Para editar os PDF's aloxados en DropBox no teu iPad.
Dende Novembro do 2015 é posible editar nos dispositivos portátiles de Apple documentos PDF coa app Acrobat Reader iOS app.8.- Porque acoplase ó calqueira sistema operativo:
Non cabe dúbida de que é moito mais cómodo traballar cos ficheiros en local que autoaloxanse na nube que ter que subilos unha vez editados. DropBox ten un cliente para o teu sistema operativo que sincroniza os datos do PC e da nube.9.- Porque é de balde e podes ampliar espazo de almacenamento.
A conta inicial de DropBox parte coa nada desdeñable capacidade de 2 Gb, pero esta capacidade pode incrementarse mediante diversas formas. Dende instalar a aplicación, facer o percorrido polo tutorial ata convidar a amigas a inscribirse no servizo.10.- Porque é útil para traballar en equipo.
Paga a pena pasarse polo artigo de thinkwasabi.com escrito por Berto Pena con 6 ideas para usar DropBox para traballar en equipo.11.- Porque pode ser usado como servidor FTP.
Así de doado. Subes teus arquivos ou documentos a unha carpeta pública (ou seleccionas con quen partillar) proporcionas o enlace e as usuarias poden descargar cando desexen.BOLA EXTRA:
Como agradecemento a que chegaras leendo ata eiquí, convidpte a qie te descargues 9 fondos de pantalla en Alta Calidade e libres de dereitos de autor que teño aloxados na miña carpeta de imaxes.
Data de alta no DropBox neste enlace e dirixete logo o enlace de descarga debaixo da imaxe.
+ Unha razón para non usar DropBox:
Eu uso DropBox intensamente, pero sei, coma ti, que cando algo é gratis é porque o producto somos nos.Convidote a ler o artigo ¿Canto costan os servizos gratuitos da Internet?

No hay comentarios :
Publicar un comentario