Google+ Redes e Cousas: LOPD: Protección dos datos

ticker

Lo Último

viernes, 15 de febrero de 2013

LOPD: Protección dos datos

LOPD: Protección dos datos



O responsable do ficheiro e o encargado do tratamento deberán adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Non se rexistrarán datos en ficheiros que non reúnan as condicións fixadas con respecto a súa integridade e seguridade e ás dos centros de tratamento, locais, equipos, sistemas e programas. 


A persoa responsable do ficheiro e aquelas que interveñan en calquera fase do tratamento dos datos están obrigadas ao segredo profesional respecto deles e ao deber de os gardar.

Esta obriga permanece vixente para a persoa responsable do ficheiro incluso despois de finalizar as súas relacións co titular do ficheiro.



Enlaces relacionados:
A calidade dos datos según a LOPD 
Obrigas do titular do ficheiro

No hay comentarios :

Publicar un comentario