Ninguén osaría a día de hoxe crear unha PEME prescindindo da enerxía eléctrica, ou de un PC ou unha conexión de banda longa á rede da Internet.
Pola mesma razón compre elaborar un blogue Corporativo que amose as o teu saber, cal é o teu eido do teu traballo e que che permita comunicarte con outros medios cos teus clientes.
11 razóns para ter un blogue:
11 razóns para ter un blogue:
- É barato. Un blogue non ten moitos gastos, ainda que non quere decir que sexa gratis porque absorbe recursos.
- Mediante o blogue amosaslle a todas que eres unha experta no teu negocio.
- Melloras a imaxe de Marca. Incrementase a visibilidade e xeneras confianza na Marca.
- Melloras o posicionamento da tua Web Corporativa nos buscadores.
- Fidelizas ás tuas clientas ó darlle un lugar onde atoparte.
- Melloras o coñecemento arredor do teu público obxectivo.
- O contido pode viralizarse nas redes sociais.
- Daslle un peso a túa información alén da brevedade das mensaxes nas redes sociais.
- O blogue está aberto 24 horas/365 días
- Como canle corporativo é o mellor para trasladar as noticias da túa empresa.
- Achegate ás tuas usuarias e permiteche interactuar con elas.
![]() |
Inscribirse en Blogger. |
Compre encher o Blogue de contidos interesantes, e tamén compre difundir seus contidos a traverso das redes sociais.
![]() |
Creando a conta en Google. |
Ainda que existen diversas ferramentas para crear un blogue gratuito, ( ver eiquí) vou centrarme na ferramenta que nos proporciona Google para levar esa tarefa a cabo:
Si se dera o caso de que xa tiveras unha conta de correo electrónico en Gmail, abonda con que te dirixas á lapela Mais dende dentro da tua conta de correo-e, e facer click en Blogger.
Alí premes en crear blogue novo, defines cal vai ser o tíduo da túa bitácora, o seu enderezo PUNTO.BLOGSPOT (Google verificará si o enderezo que proporcionas está dispoñible ) e xa podes publicar a túa primeira entrada.
![]() |
Creando un blogue novo. |
A partires de agora xa tes unha nova canle para comunicarte cos teus clientes.
Compre mencionar unha serie de cuestións :
Un blogue é coma un cativo. Compre coidalo para que medre san e robusto, para que interactue co resto da Internet, necesita que se lle dean coidados e presteselle atención.
Un blogue é coma un cativo. Compre coidalo para que medre san e robusto, para que interactue co resto da Internet, necesita que se lle dean coidados e presteselle atención.
Crea teu primeiro blogue, se é o caso, familiarizate coa interface do programa, xoga coas cores e o diseño, sintete satisfeito do aspecto.
Mais tarde abondaremos nas outras cuestións.
Enlaces Relacionados:
Colores do fondo en blogger
Creando un blogue con blogger
Enlazar con Google Analytics. Inicio.
Ferramentas de Marketing on lin: Blogging
Insertar formularios no blogger
Persoanalización do blogue.
Diferencias entre Web e blogues.
Bibliografía:
Corporate Blogging, Blogs como instrumento de gestión de la Comunicación Corporativa. ( Claudio Bravo)
10 razóns polas que a túa empresa debe ter un blogue.ç
Necesidade dos blogues nas PEMES by Manuel Freiría Figueiras is licensed under a Creative Commons Attribution-NoDerivs 3.0 Unported License.
Based on a work at perfisociais.blogspot.com.
No hay comentarios :
Publicar un comentario