Qué é o marketing Online?
Se miramos noso
día a día veremos que investimos unha gran parte do tempo en tomar
pequenas decisións e que eleximos en función da información que
poseemos, tras ter comparado as diversas opcións que atopamos.
Por
medio da Internet as usuarias realizan accións tan comúns como mercar
no super, escoller o coche que mais lle gusta, visitar a vila onde
queren ir de vacacións ...
Internet é unha canle que suministra
informacion a unha velocidade moi grande e onde podemos escoller e
elexir de unha forma moi cómoda e eficaz.
Esta é a orixe dos
buscadores, e é o que motiva a empresas como Google, Bing ou Yahoo,
entre outras, a tentar organizar toda a información do mundo para
organizala e proporcionarlla as súas clientas en calqueira lingoa,
dende calqueira dispositivo, e intentando que os resultados da busca
sexan relevantes para todas as partes actuantes.
Internet
e mais os buscadores, revolucionaron a maneira en como as persoas
accedemos á información, senón tamén a forma en que as compañias poden
achegarse a suas potenciais clientas.
Compre non esquecer que ter
mais información o noso dispor significa ter mais
recursos, mais
oportunidades para elexir aquelo que mais se axusta as nosas necesidades
ou os nosos gustos.
Si non puseches tua empresa en Internet, non aparecerá no preciso instante no que a usuaria realice a búsqueda no seu navegador. Non importa que teu negocio sexa unha panadería, unha perruquería ou unha cervexería.
Esa
é a vantaxe do Marketing en liña: Permite ás empresas contactar co seu
público obxectivo ofrecendolle información relevante e útil para a toma
de decisións no momento no precioso momento no cal a buscan.
Ademais
o marketing en liña, permite ter un control absoluto sobre a inversión
que se realiza, e sempre deixa coñecer o retorno da inversión
económica. Ó ser información relevante e non intrusiva proporciona datos
de calidade para os usuarios, e o tempo ofrece importantes ferramentas
as empresas para coñecer cales son as características do seu mercado
potencial.
Resulta impensable que un negocio funcione sin corriente eléctrica ou teléfone. ¿Non vas ter teu negocio na Internet?
Por Internet pasan mais de 20 millons de persoas cada día en España, e mais de 1000 millóns de todo o mundo.
¿Vas deixar escapar ese mercado ?
¿Vas deixar escapar ese mercado ?
Si
as usuarias están en Internet, as empresas teñen que trasladarse alí
onde están as usuarias. Se non se troca a internet nunha parte central
do noso negocio, perderanse oportunidades claras tanto de ganar cartos
como de medrar, poñendo incluso en perigo a nosa supervivencia no
mercado.
A través das novas tecnoloxías, calqueira
empresa pode ampliar seu negocio: Aproveitando a pequena inversión que
supón a creación de unha páxina web, os empresarios poden acceder a
novos clientes – de outros sitios e en outros horarios- e polo tanto
ampliar sua facturación de xetio notable.
Para axudar a
que as PEMES que o desexen se acheguen o mercado dixital, imos
elaborando este blogue, onde iremos comentado diversos asuntos
relacionados coa internet, o mercado e os negocio na internet.
Para
elo elaboranse e manteñense actualizadas para que estén a túa
disposición as GUÍAS DE NEGOCIO NA INTERNET, onde explicase paso a paso
os elementos básicos para colocar teu negocio nas redes e destacar nos
buscadores.
No hay comentarios :
Publicar un comentario