Google+ Redes e Cousas: As gafas de Google. Entre a Sci-fi e o Gran Hermano

ticker

Lo Último

jueves, 9 de mayo de 2013

As gafas de Google. Entre a Sci-fi e o Gran Hermano

realidad aumentada
Fonte da Imaxe

As gafas de Google.

¿Sci-Fi ou Gran Hermano?


Basta con portar  as posibilidades dos dispositivos móbiles e desvinculalas do procesador para traballar en modo Cloud Computing. Abonda unha conexión á Rede algo lixeira para ter ante os teus ollos a realidade "aumentada", hiperenlazada e relacionada para coñecer todos e cada un dos datos do que temos diante.

Poñemos as gafas do "Project Glass de Google", e mentras imos cara o noso destino polo camiño mais curto, ou seguindo as indicacións do transporte público do maps vemos a porta do museo. En vez de entrar  sentamos na terraza da cafetería de enfrente, (x comentarios en Google Places) realizamos un percorrido virtual polo interior do edificio como quen anda polo street-view, consultamos a obra de esa pintora con nome tan raro que expón na sáa 3... e nun momento que erguemos a vista nos sorprende a arquitectura do edificio. ¿De qué ano é? Vaiamos a ver a información catastral ... Conectados a nosa aplicación de xeolocalización vemos que un par de coñecidas punturaron a exposición como moi boa ... dictamos entón un Mensaxe Instantáneo o noso amigo Pablo para que nos suxira en que sección deternos, xa que hai escasez de tempo.... 
¿Apetecible? ¿Pavoroso? ¿Ti que opinas? 
Eu recoñezo que dende a aplicación cotián do recoñecemento facial estas tecnoloxías danme un chisco de ... reparo... e o precio  de saida (1500 $) tampouco me anima moito.
Vaia, teño que deixarvos que a axenda android incluida nas gafas acaba de lembrarme que quedei en un ratiño.
Mentras me dirixo o punto de encontro... vou a aproveitar a tecnoloxía para gañar un pouco de tempo:

OK glass. Write me one post !!


 ASí comenta Juan Merodio tras probalas.


Licencia Creative CommonsAs gafas de Google. Entre a Sci-fi e o Gran Hermano por Manuel Freiría Figueiras se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported.

No hay comentarios :

Publicar un comentario