Google+ Redes e Cousas: Partillar Calendarios de Google

ticker

Lo Último

martes, 19 de marzo de 2013

Partillar Calendarios de Google

Imos mirar como partillar un calendario tanto con outras usuarias de Google para empotralo na nosa web ou no noso blogue. Non ten mais dificultade que ir seguindo os pasos... 
 1,. Imos a nosa conta de Google Calendar. Pinchamos na roda dentada e en definicións.

Google Calendar

2.- Click en Calendarios


Google Calendar


3.- Eleximos o calendario que queremos partillar.



4.-Click en Partillar calendario


Google Calendar


5.-Trocamos o calendario en Público. No lugar indicado escribimos o enderezo da persoa coa que queremos partillar o calendario. No desplegable da dereita, nos permite que a persoa con quen partillemos acceda a info limitada (valeiro-ocupado.. para pedir vez na pelu), ver todos os detalles do evento (compartir toda a info), ou permitir que a usuaria invitada poida modificar os detalles do evento.


Google Calendar

Podemos partillar con varias persoas. As persoas colaboradoras do grupo co que traballamos podemoslle dar acceso de modificación dos eventos. As outras persoas que queremos facer participes das nosas actividades, permitirlle ver todos os detalles da actividade, pero non editar nen modificar.
As persoas convidadas recibirán unha notificación na sua conta de correo decindolles que compartiches o calendario con elas.
 
6.- Se este calendario se quere empotrar nunha web ou no blogue somentes hai que copiar o código que nos fornece o Google e pegalo no noso sitio.

Google Calendar

Esta será a apariencia do calendario no blogue en modo axenda; ou tamén en modo axenda nunha pestana do FB. (Podese poñer en modo axenda, semana ou mes.)

7.- Logo, para partillar os eventos con todo o mundo e que todas poidamos ver os detalles, debemos crear os eventos no G+, facelos públicos, e mellor ainda se os editamos como eventos "no airo", para que as asistentes poidan pendurar fotos, videos ou comentarios e dinamizar mais os nosos sitios.

Eiquí podedes ver como fixemos a proba, e funciona !!! Logo varias persoas usuarias subiron videos e fotos que aparecían todos xuntos no acto.



(Velaiquí o resultado  ..)

Licenza de Creative Commons
Partillar calendarios de Google by Manuel Freiría está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported.

No hay comentarios :

Publicar un comentario