Google+ Redes e Cousas: Landing Pages

ticker

Lo Último

miércoles, 20 de febrero de 2013

Landing Pages

negocio en internet
Sin Landing Page non hai conversión
Calqueira das que nos adicamos ó Marketing Dixital temos nas Landing Pages ou páxinas de aterraxe  "a nena dos nosos ollos", xa que é nelas onde se consiguen as conversións; ben en forma de cartos ou de información.

Contovos:

Toda emocionada vin como un comercio do barrio facía un intento de publicidade en formato clásico . Colocar cartaces nas farolas da beirarúa, pero ademais de un xeito peculiar... todas as farolas da mesma rúa estaban empapeladas, sin facer fincape nos lugares onde a xente pasa con mais frecuencia .. ¡ nin desviarse da avenida!!!!
Ocurriuseme telefonear a este potencial cliente para ofrecerlle unha campaña de marketing con SEM en Google de xeito que conquerira visibilidade e por ende maior posibilidade de facturación co menor coste posible.
Busco entón a presencia dixital da empresa e atopo que ten unha linda páxina web que NON nos dirixe a ningún formulario (landing page) ou lugar onde realizar conversión ; nin siquera o enderezo electrónico está linkado para abrir directamente o programa de correo.

As ferramentas propostas para unha campaña rápida (contabamos con aproximadamente 10 días) era empregar o SEM-Google para optimizar a chegada de clientes  á Páxina de Contratación ou contacto ou recepción de datos empregando as ferramentas Facebook e imaxes para viralizar o contido..

Foi necesario arrecuar. En tan breve espacio de tempo non era posible crear un espazo web ou blogue, dinamizalo e aproveitar para colocalo en Google Ads.
En este caso ... unha lección aprendida... bueno realmente tres... pero as outras duas quedan para outra ocasión.

¿Ti estás centrando a tua estratexia na Páxina de Aterraxe? ¿Ou solo tes unha páxina bonita como no caso que comentamos?

Temas relacionados: 




No hay comentarios :

Publicar un comentario