Ainda que o termo xeolocacalización está directamente relacionado cos sistemas de posicionamento, distinguese deste por un maior énfase na determiñación de unha posición relativa (respecto a unha rúa, por exemplo), e non só como un conxunto de coordenadas xeográficas.
"Xeosocialización é unha ampliación do termo levado ó eido da intelixencia colectiva, onde as usuarias proporcionan valoracións dos servizos que utilizan nos diferentes negocios, proporcionando unha información moi permeable para o público xeral".
A maneira mais doada de atopar un producto ou servizo é sobre un mapa, xa que o habitual é que o cliente prefira atopalos na súa cercanía
Si a isto engadeselle que cos mapas dixitais podense ler as opinións de clientas, ver o xeito mais doado de chegar a un comercio e no caso dos teléfonos móviles facer click para chamar directamente, deberías estar convencida de que teu negocio debe estar presente nos mapas da internet.
Esta que che presento é unha folla de ruta básica para que priorices os pasos para poñer teu negocio no mapa.
Google Local / Google My Bussines:
É hoxe o servizo de mapas mais efectivo pola súa difusión.
Fai unha busca e si teu negocio aparece é que xa estás incluida na súa listaxe. Isto ocurre porque Google mercou os datos que lles damos as empresas de telefonía para encher súa base de datos.
Para poder administrar o contido da páxina abre a ficha onde pon mais datos e busca abaixo a dereita "¿É este teu negocio? Administra esta páxina" e sigue os pasos que che digan.
No caso de que teu negocio non apareza no mapa, podes dalo de alta eiquí.
Yelp:

Yelp fundouse no 2004 para axudar ás persoas a atopar bos negocios locais como dentistas, perruquerías ou talleres.
Recibe mais de 100 millóns de visitas cada trimestre, e os "yelpers" levan escrito mais de 50 millóns de reseñas.
Non importa que non coñezas a ninguén en Yelp, pero, cando menos actualmente, os mapas de Apple collen a información de esta fonte.
Si queres que teu negocio esté presente cando alguén faga unha consulta no seu Apple iPhone
Ë de balde. Para darse de alta, accede eiquí.
Facebook:
Pode parecer obvio, pero todos os negocios deberían ter unha páxina no Facebook configurada como "egocio local" para ter activadas todas as funcións que esa Rede Social nos da e poder recibir recomendacións e aparecer nos seus resultados de busca.Foursquare:

Foursquare é a Rede de Sociolocalización mais coñecida.
A idea de onde naceu Foursquare foi a de que a xente fora capaz de atoparse e recomendarse lugares entre eles.
Nesta rede podes reclamar teu local (se alguén xa o deu de alta) de forma gratuita, e se non, podes darte de alta neste enlace.
Instagram basea súa xeolocalización en Foursquare.
Engadir o teu propio negocio é moi doado . So compre estar rexistrada.
Nota: Bing é un mapa no que tamén hai que estar, pero para priorizar suxiroche que sigas esta lista.

No hay comentarios :
Publicar un comentario