Os códigos QR nas inmobiliarias
Nun post anterior mirabamos como podíamos aliarnos cos códigos QR para axudar as nosas vendas e axudar ás clientas na definición do seu menú diario nunha tenda de alimentación.
¿Poderíamos empregar a mesma ferramenta nunha empresa adicada o mercado inmobiliario para facilitar ó acceso ás clientas ós nosos servizos, amosarllos de xeito inmediato e o mesmo tempo evitar desplazamentos?
Eu entendo que si, e contovos como:
As canles habituais de oferta das empresas inmobiliarias na rúa veñen sendo principalmente os cartaces ubicados nos inmobles en aluguer ou venda e mais a exposición de locais na propia oficina.
¿Que conquerimos engadindo un QR á nosa publicidade / taboeiro de anuncios?
En InmoDulce |
Ademais así temos aberto o negocio 24 horas 7 días á semana.
¿Como debemos facelo?
Para os cartaces a pé de rúa un adhesivo individualizado e do tamaño axeitado para que sexa capturado polos dispositivos móbiles co QR impreso por cada inmoble, o cal apunta á páxina descriptiva do local.
Para as exposicións na oficina abonda con engadir o código Bidi nos panfletos que temos xa colocados no noso expositor.
Para traballar esta aproximación a unha campaña QR empregamos as seguintes ferramentas:
Edición de imaxes: GIMP
Maketación gráficos vectoriais: Inkscape
Ferramentas de difusión dixital: Páxina (Fan Page) do Facebook.
Blogue ou páxina web que aloxe o descriptivo do local.
¿E a tí, ocurreseche algunha outra utilidade para os códigos QR?
Se tes interese en estas ferramentas e non tes tempo ou non sabes como facer, contactatanos.
Códigos QR para inmobiliarias por Manuel Freiría Figueiras se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported.
No hay comentarios :
Publicar un comentario