Google+ Redes e Cousas: Buscadores. Ferramentas de comunicación dixital

ticker

Lo Último

viernes, 25 de enero de 2013

Buscadores. Ferramentas de comunicación dixital

Os buscadores (search engine -motores de búsca-) son aplicacións dispoñibles na Internet que facilitan a navegación e nos permiten atopar aquelas informacións que nos interesan.

Os buscadores son Robots -programas- concebidos para atopar toda a info dispoñible na rede arredor de determiñados items semánticos determiñados.  En definitiva os buscadores son programas que percorren a rede indexando os documentos existentes relacionados con determiñado criterio relacionado con unha verba ou serie de verbas.

O mecanismo de funcionamento dos navegadores e a cultura de adquisición de resultados é doado: Os resultados que aparecen mais arriba na lista reciben mais visitas que todos os demais xuntos !!!!!!

SEO (Search Engine Optimization) ou posicionamento orgánico.
Os resultadosdo posicionamento orgánico están referidos ó interese estatístico das verbas claves dos nosos textos e a sua relación co algoritmo de indexación do programa. Interesante a este respecto os avances que se dan arredor da web semántica. (de verbas interconectadas)

SEM (Search engine Marketing): (Marketing de verbas claves)
Conxuntos de técnicas relativas ó  posicionamento das nosas web pages relacionadas cos patróns de percura dos buscadores.

A importancia do posicionamento nos buscadores ven relacionada coa relevancia das nosas verbas chaves de busca. Canto mais coincida coa empregada polo usuario para determiñar o servizo tanto mais "arriba" (mellor cualificado) aparecerá noso enderezo Web para comunicarse coas usuarias.

A Web semántica, relacionada co significado dos datos e a sua interrelación, aparenta ser o futuro da mellora das buscas con estas ferramentas.



Comunicación para grupos



Creative Commons License
Buscadores: Ferramentas de comunicación dixital. by Manuel Freiría is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported License.

No hay comentarios :

Publicar un comentario