Google+ Redes e Cousas: LOPD

ticker

Lo Último

Mostrando entradas con la etiqueta LOPD. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LOPD. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de febrero de 2013

LOPD: Protección dos datos

LOPD: Protección dos datos



O responsable do ficheiro e o encargado do tratamento deberán adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Non se rexistrarán datos en ficheiros que non reúnan as condicións fixadas con respecto a súa integridade e seguridade e ás dos centros de tratamento, locais, equipos, sistemas e programas. 


A persoa responsable do ficheiro e aquelas que interveñan en calquera fase do tratamento dos datos están obrigadas ao segredo profesional respecto deles e ao deber de os gardar.

Esta obriga permanece vixente para a persoa responsable do ficheiro incluso despois de finalizar as súas relacións co titular do ficheiro.



Enlaces relacionados:
A calidade dos datos según a LOPD 
Obrigas do titular do ficheiro

LOPD: A calidade dos datos.

A Calidade dos datos según a LOPD

LOPD
O artigo 4 da LOPD recolle as directrices básicas arredor da calidade dos datos. Según ela o datos obtidos deben ser:

a) adecuados,
b) pertinentes,
c) non excesivos,

para os fins que se pretenden.

No referido a estes datos, compre sinalar que:
  • Non poden ser empregados para fins incompatibles coa finalidade inicial de recollida..
  • Solicitarán os datos imprescindibles.
  • Eliminaranse cando cumplan a sua función e non sexa necesario seu mantenemento.
  • Todos os datos almacenados deberán ser exactos, e no caso de que non o foran poderán ser cancelados e substituídos de oficio polos correspondentes datos rectificados. 
  • Non se poden recoller datos por medios fraudulentos, desleais ou ilícitos. Estes actos están tipificados na Lei como faltas moi graves.
  • Os datos de carácter persoal deberán ser tratados de maneira que permitan o dereito de acceso da persoa interesada. 
Enlaces relacionados: 
Obrigas do titular do ficheiro.

miércoles, 13 de febrero de 2013

A L.O.P.D

LOPD
Cando estableceuse no apartado 4 do artigo 18 da Constitución do Estado Español de 1978, que a lei limitaría "o uso da informática para garantir a honra e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos", manifestaba as preocupadcións polas posibles repercusións negativas que un uso inade cuado dos avances informáticos podían ter sobre os dereitos das persoas e as súa intimidade.


Coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal trátase de buscar un punto de equilibrio entre a privacidade da cidadanía e os intereses de todos aqueles que precisan datos de carácter persoal para desenvolver as súas actividades.

A normativa que regula a garantía e a protección  dos datos están recollidas en dous documentos principalemente:

    A Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, no sucesivo LOPD.

    O Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro de desenvolvemento da Lei Orgánica de Protección de Datos.


Glosario de Termos relacionados coa LOPD.

Licenza de Creative Commons
A L.O.P.D. by Manuel Freiría está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Unported.