¿Como programar publicacións na tua Fan Page do FaceBook?
A razón mais obvia para programar unha publicación da túa páxina, e facer que apareza en un momento de alta audiencia ou porque estala a editar nun intre no cal eres conscente de que non vai a atopar repercusión (ese intre que aproveitaches na ponte para preparar as publicacións, buscando unha data sinalada -determiñada feira ou congreso- , tentar que coincida con un trending topic nun día concreto...)
Para elo FB danos unha ferramenta que permitenos programar unha publicación con ata seis meses de antelación e con marxes de 15 minutos.
Para elo non temos mais que.... facer click na icona do reloxo que está na beira inferior esquerda do cadro da actualización do estado....
e definir o ano, mes, data e hora no que desexas que sexa publicado.
E listo!
Outra interesante ferramenta para alimentar o teu timeline é RssGraffiti, que nos permite escoller entre diversas fontes de sindicación de contidos amosar as entradas na tua páxina de perfil ou páxina corporativa.
De esta forma, na frecuencia que consideres oportuna, aparecerán as actualizacións ou tweets no teu taboeiro.
E ti ...que ferramentas de automatización usas?
Facebook fan Page: Social Media Marketing by Manuel Freiría Figueiras is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported License.

No hay comentarios :
Publicar un comentario