Google+ Redes e Cousas: Blogues como Elementos de Comunicación.

ticker

Lo Último

lunes, 28 de enero de 2013

Blogues como Elementos de Comunicación.

Ninguén osaría a día de hoxe crear unha PEME prescindindo da enerxía eléctrica, ou de un PC ou unha conexión de banda longa á rede da Internet.

Pola mesma razón compre elaborar un blogue Corporativo que amose as o teu saber, cal é o teu eido do teu traballo e que che permita comunicarte con outros medios cos teus clientes.

11 razóns para ter un blogue:
  1.  É barato. Un blogue non  ten moitos gastos, ainda que non quere decir que sexa gratis porque absorbe recursos.
  2. Mediante o blogue amosaslle a todas que eres unha experta no teu negocio. 
  3. Melloras a imaxe de Marca. Incrementase a visibilidade e xeneras confianza na Marca.
  4. Melloras o posicionamento da tua Web Corporativa nos buscadores.
  5. Fidelizas ás tuas clientas ó darlle un lugar onde atoparte.
  6. Melloras o coñecemento arredor do teu público obxectivo.
  7. O contido pode viralizarse nas redes sociais.
  8. Daslle un peso a túa información alén da brevedade das mensaxes nas redes sociais.
  9. O blogue está aberto 24 horas/365 días
  10. Como canle  corporativo é o mellor para trasladar as noticias da túa empresa.
  11. Achegate ás tuas usuarias e permiteche interactuar con elas.

comunicacion digital
Inscribirse en Blogger.

Compre encher o Blogue de contidos interesantes, e tamén compre difundir seus contidos a traverso das redes sociais.

comunicacion digital
Creando a conta en Google.
Ainda que existen diversas ferramentas para crear un blogue gratuito, ( ver eiquí) vou centrarme na ferramenta que nos proporciona Google para levar esa tarefa a cabo:
O primeiro que necesitamos é crear unha conta en Google, e a partir de ese momento: 

¡ A EDITAR !

Si se dera o caso de que xa tiveras unha conta de correo electrónico en Gmail, abonda con que te dirixas á lapela Mais dende dentro da tua conta de correo-e, e facer click en Blogger. 


comunicacion digital
Creando un blogue novo.
Alí premes en crear blogue novo, defines cal vai ser o tíduo da túa bitácora, o seu enderezo PUNTO.BLOGSPOT (Google verificará  si o enderezo que proporcionas está dispoñible ) e xa podes publicar a túa primeira entrada.

A partires de agora xa tes unha nova canle para comunicarte cos teus clientes.

Compre mencionar unha serie de cuestións : 
Un blogue é coma un cativo. Compre coidalo para que medre san e robusto, para que interactue co resto da Internet, necesita que se lle dean coidados e presteselle atención.

Crea teu primeiro blogue, se é o caso, familiarizate coa interface do programa, xoga coas cores e o diseño, sintete satisfeito do aspecto.
Mais tarde abondaremos nas outras cuestións.

Enlaces Relacionados:

Creative Commons License
Necesidade dos blogues nas PEMES by Manuel Freiría Figueiras is licensed under a Creative Commons Attribution-NoDerivs 3.0 Unported License.
Based on a work at perfisociais.blogspot.com.

No hay comentarios :

Publicar un comentario